Noite no Emilia, para 5º e 6º de primaria

Estimadas familias, 

Para celebrar o final deste curso escolar, estamos organizando para as nenas e nenos dos cursos 5º e 6º de primaria unha "Noite no Emilia", que se levará a cabo no cole azul. 



Será o vindeiro venres 13 de xuño, o horario de entrada será ás 18:30 e a recollida será sobre as 11:30 do sábado 14. 

Temos un número limitado de prazas, polo cal farase a selección por estricta orde de solicitude, a través dun formulario que vos facilitaremos a partir do luns 09 de xuño, e enviaremos pola mañán a todas as familias por esta vía e estará tamén dispoñible no blog. 

As nenas e nenos seleccionados terán que levar saco de durmir, esterilla (opcional, pero recomendable se tedes), unha botella de auga para poder rechear, e utensilios de aseo básico (cepillos de dentes). 

Pode participar todo o alumnado do cole, independientemente que sexan familias socias ou non, o que sí hai una pequena  distinción de precios, e será de 35€/ nen@ para familias socias, e 38€/nen@ para familias non socias. 

Este prezo inclúe a cea e o almorzo. 

Durante a velada haberá diversos xogos, laser tag, baile e búsqueda do tesouro. 

IMPORTANTE: non está permitido levar dispositivos móviles. 

Podedes pasar esta información a outras nais e pais, para que chegue a todo o mundo!

 Luns pola mañá enviaremos o formulario!  

Comentarios