Indicacións nova Aplicación Ábaco
🔊 As familias na aplicación vamos crecendo e xa somos 141 familias inscritas, pero ainda faltades 😊
Destas familias, hai algunhas que lles falta un pequeno paso, que é despois de meter os datos, darse de alta como familia socia, e engadir o número de conta bancaria no cal se pasará o cargo da cuota a partir de setembro, así como o cargo das extraescolares, chegado o momento. Sen este paso a aplicación non permite validar de maneira completa.
Comprobade por favor que teñades este paso feito para poder validarvos 🤗.
Recordade que a actual ampasoft deixará de funcionar, e que os datos non se migran directamente, polo cal se queredes seguir formando parte da Anpa Milnen@s e seguir usando os servizos de mañanceiros, comedor, extraescolares e o novo servizo de garda e custodia (que en breve vos presentaremos), tedes que darvos de alta nesta nova aplicación.
Sabemos que incialmente pode parecer un trastorno, pero a aplicación móbil vai a ser moito máis práctica que a que viñamos usando, ademáis de que a comunicación vai a ser moito máis directa.
🚨Para non perdervos ningunha nova, tamén pedímosvos que activedes e permitades as notificacións da nova aplicación. 🚨
Se ainda non a tes, podes descargala aquí: App Ábaco Familias
Graciñas!!
Comentarios
Publicar un comentario