Ecohorta en la ciudad. Propuesta del Concello
INFORMACIÓN CONCELLO CORUÑA:
Dende o Concello da Coruña, a través da colaboración das Concellerías de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda; de Medio Ambiente; e de Participación e Innovación Democrática, poñémonos en contacto coa vosa entidade para invitarvos a participar no proceso de activación de 3 Hortas Urbanas Autoxestionadas na cidade. Estes novos equipamentos denominaranse ecoHortas e inicialmente estarán localizadas nas seguintes zonas:
- Os Rosais – San Pedro de Visma – Agra do Orzán
- Mesoiro – Novo Mesoiro
- Oza – Castrillón – Os Castros
Esta semana realizaranse 3 presentacións públicas, unha en cada unha destas tres zonas onde se materializarán as ecoHortas.
As presentacións son abertas a toda a cidadanía que queira asistir e coñecer máis en detalle este proceso. Por isto, agradecemos a difusión desta información a todas as persoas que consideredes lles poida ser de interese.
As datas e lugares das presentacións son as seguintes:
- Mércores 9 de Novembro ás 18:30h: Centro Sociocultural Ágora, aula nº9 (Lugar da Gramela, 17).
- Xoves 10 de Novembro ás 18:30h: Centro Cívico Eirís (Rúa Terranova de Eirís, 7).
- Sábado 12 de Novembro ás 11:00h: Centro Cívico Novo Mesoiro (Rúa Os Ancares, 15).
Para asistir, debido a cuestións loxísticas e de organización, é necesario confirmar a asistencia respondendo ao enderezo electrónico ecohortas.coruna@gmail.com, ou chamando ao teléfono 608.201.251, indicando o Centro social ao que desexan asistir.
Comentarios
Publicar un comentario