COMUNICADO E CONVOCATORIA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO.- Federación Provincial de Anpas
Como ven sendo o costume nos últimos anos o inicio de curso leva aparellado a aplicación das medidas derivadas dos brutais recortes no ámbito educativo decretados polo goberno da Xunta de Galicia e do MEC, que están a por en perigo o ensino público, atacando a igualdade de oportunidades e retrocedendo nos avances conseguidos no modelo educativo do noso país, pretendendo con elo trasladarnos a épocas que xa críamos esquecidas.
- Perda importante de profesorado e incremento da temporalidade do mesmo.
- Incremento das taxas de interinidade que pasaron a duplicarse.
- Incremento da afinidade que fai que mais de mil docentes teñan que impartir especialidades que non son as súas
- Supresión das medidas de atención á diversidade, reforzos, desdobres...
- Redución dos profesionais de atención á diversidade
- Peche de 74 unidades de infantil e primaria.
- Supresións de ciclos Formativos de Formación Profesional
- Endurecemento dos requisitos de acceso ás bolsas
- Supresión de axudas para material escolar e creación dun Banco de Libros paralelo ao das ANPAS desbotando irresponsablemente o patrimonio acumulado nos centros.
- Mantemento dos concertos aos centros que segregan por sexo
Ademais a implantación atropelada da LOMCE, que servirá para deteriorar o ensino público en favor dun ensino de elite, ven a agravar un panorama caótico coas seguintes medidas .
- Publicación dos decretos de Primaria e FP Básica xa iniciado o curso
- Descoñecemento da oferta educativa de FP Básica
- Deslocalización da oferta educativa de FP Básica, afectando especialmente aos concellos do rural
- Redución de 500 prazas escolares na FP Básica
- Aumento das rateos
- Cambio indiscriminado e inxustificado dos libros de texto por imperativo da LOMCE
A Federación Provincial de ANPAs, en sesión de xunta directiva celebrada onte, aproba participar da convocatoria realizada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público e convida as comunidades escolares da provincia, (familias, profesorado e alumnos), consecuentemente co noso compromiso de denuncia de calquera intención de destruír un modelo educativo de calidade e convoca unha SEMANA DE DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO do 6 ao 10 de outubro na que realizaremos diversas actividades como son os ABRAZOS SOLIDARIOS que se realizarán en diversos centros educativos como símbolo do apoio que a comunidade educativa temos que dar aos receptores dos ataques do goberno contra o ensino. Ademáis dos actos que organicedes a nivel do voso centro, haberá un acto central ao que os convidamos a participar solidariamente cos vosos fillos e fillas e o profesorado:
7 de Outubro - 18 horas - CEIP Rosalía de Castro, Río Avía, s/n - 15007 A Coruña
Polo que desde a Federación unímonos ao chamamento á sociedade, nais, pais, docentes e alumnado para que participe nestas mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público, porque está en xogo a educación do noso país.
XUNTA DIRECTIVA A Coruña, a 3 de outubro de 2014
Comentarios
Publicar un comentario