BANCO DE LIBROS DE TEXTO DEL IES SALVADOR DE MADARIAGA
Información del Anpa IES SALVADOR DE MADARIAGA:
"A ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA vai poñer en marcha, por segundo ano no Instituto, o BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, cos libros que, de xeito gratuíto, nos entregan os alumnos e as súas familias. O ano pasado, varios alumnos procedentes do CEIP EMILIA PARDO BAZAN, beneficiáronse de libros gratuítos, grazas o banco.
Para ser beneficiario do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante de libros (salvo 1º ESO), ser socio/a da ANPA e cubrir o impreso de solicitude (*) dos libros.
A recollida de libros por a ANPA faráse no ximnasio do Instituto, os seguintes días:
- Día 25 de xuño, dende as 10,30 h. ata as 13,00 h.
- Día 26 de xuño, dende as 10,30 h. ata as 13,00 h.
- Día 27 de xuño, dende as 10,30 h. ata as 13,00 h.
(*) Os impresos de doación e solicitude estarán dispoñíbeis no mesmo momento da recollida dos libros.
IMPORTANTE: Membros da ANPA estaremos no local os martes, de 11,00 a 12,30 h. e de 17,30 a 19 h.
¡FÁITE SOCIO E COLABORA CA ANPA, XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CURSO 2014/2015!
Un saúdo."
Comentarios
Publicar un comentario