Colaboracion do Emilia co Banco de Alimentos


Facemos difusión da iniciativa solidaria que está levando a cabo o noso cole, para o Banco de Alimentos Rías Altas para unha recollida de alimentos non perecedeiros. 

O centro enviou un Abalar a todas as familias con esta iniciativa. 

Se queredes colaborar podedes facelo desde hoxe 26 de xaneiro e ata este venres 30. 

Solicitan na medida do posible, alimentos como arroz, pasta, legumes, conservas, aceite, leite ou outros alimentos que sexan de ampla caducidade. 



Comentarios