Último correo AMPASOFT
Estimadas familias,
Acabamos de enviar o último correo que recibiredes desde a aplicación Ampasoft.
Como xa vos comentamos anteriormente a aplicación AMPASOFT deixa de funcionar definitivamente e NON HAI VOLCADO DE DATOS á nova aplicación.
Ás familias que continuedes no cole e que queirades seguir sendo familias socias, tedes que rexistrarvos na nova aplicación, sen esto non podedes darvos de alta nas actividades extraescolares, das que esta fin de semana colgaremos os cadros e os prezos para este vindeiro curso escolar.
Recordarvos que para que se asigne un número de familia socia, tense que completar enteiro o rexistro, co número de conta bancaria das familias, para poder proceder unha vez iniciado o curso, da cuota de familias para o curso escolar 2025/2026.
Comentarvos tamén que no mes de agosto, non daremos novas altas na aplicación.
Aproveitamos esta publicación para desexar moita sorte na nova andadura a todo o alumnado que este ano xa non seguirá no Emilia.
E a todas as familias, esperamos que teñades un moi bo verán.
Saúdos!!
Comentarios
Publicar un comentario