Campamento de verán no CEIP Emilia Pardo Bazán
O campamento para este verán, organízase novamente con Enki.
O prazo de inscripción abre este vindeiro 1 de maio e estará aberto ata o 11 de maio, ambos incluidos.
Este ano desde Enki (tras valorar as incidencias acontecidas en edicións pasadas cos formularios de inscripción) simplificaron a formalización das plazas con un formato máis sinxelo.
Estivemos probando o formulario e en principio vai correctamente, aplica os descontos e xa figura a opción de solicitar a factura, de cara a poder solicitar posteriormente a axuda da Xunta para os campamentos.
Deixamos por aquí varios documentos:
Cartel do campamento: Cartel campamento_ENKI 2025.pdf - Google Drive
Información detallada sobre a inscrición: GUIA INSCRIPCION__CAMPAMENTO ENKI 2025.pdf - Google Drive
Enlace a inscripción: Campamento ENKI 2025 - Inscripción
Con calquera dúbida podedes contactar directamente con Enki:
📲 881 243 819
✉️ Campamento@enkiproyecto.com

Comentarios
Publicar un comentario