Dende a ANPA do cole queremos compartir o bonito proxecto que se levou a cabo grazas a un grupo de nais voluntarias, en favor da Asociación Española Contra o Cancro, que traballaron durante todo o ano de maneira totalmente desinteresada. Foi un traballo cheo de ilusión, esforzo e solidariedade, no que participaron moitas persoas: as que o fixeron posible, as que promoveron a idea, as que doaron o material, as que deron cada puntada con agarimo, a que fixo as etiquetas e as que transportaron os coxíns ata a Asociación. Sen cada unha destas colaboracións sería imposible lograr un xesto tan fermoso como este. Grazas a todas e todos polo voso tempo e esforzo. Grazas tamén á Asociación Española Contra o Cancro por permitirnos participar nun proxecto tan solidario e bonito, e por facer que o que puidemos aportar chegue a alegrar a quen o precisa. @contraelcancer.acoruna Agardamos seguir compartindo máis iniciativas solidarias coma esta. 💪✨ ...