Quen imparte as actividades extraescolares?
Aquí podedes ter información sobre @s profesionais que imparten as actividades extraescolares do CEIP Emilia Pardo Bazán:
Baile galego, Pandeireta, percusión e canto e Teatro
Actividades para educación primaria.
Escolas da Terra é o proxecto educativo de Cántigas da Terra, un espazo creado para a divulgación e difusión da cultura tradicional galega. A entidade aposta por unha ensinanza que integra o legado cultural galego e os xeitos tradicionais de aprendizaxe coas técnicas de ensinanza máis innovadoras, unha oferta educativa ampla e diversificada que pretende proporcionar ó alumnado unha formación completa no eido artístico.
Neste caso a oferta de actividades consta de Baile galego, Pandeireta, percusión e canto e Teatro; todas elas para a etapa de educación primaria.
Baile Moderno, Inglés, Ioga, Pequechef e Taller de arte e pintura
Jumping Kids é unha empresa coruñesa que nace co obxectivo de fomentar a formación extracurricular dos nenos e nenas, organizando e desenvolvendo actividades extraescolares que potencian o talento e educan en valores.
As actividades a desenvolver son: Baile Moderno, Inglés, Ioga, Pequechef e Taller de arte e pintura. A súa distribución en grupos é a seguinte:
- Baile Moderno, Ioga e Pequechef son para o alumnado de educación infantil e primaria, que comparten espazos.
- Inglés ten 3 grupos: un para educación infantil e dous para educación primaria (en función da idade).
- Taller de arte e pintura ten 2 grupos: un para infantil e 1º de primaria e outro de 2º a 6º de primaria.
Baloncesto, Fútbol sala e Predeporte
O C.D. Los Rosales nace en 1991 dentro da ANPA do CEIP Emilia Pardo Bazán para fomentar o desenvolvemento de actividades deportivas dentro do colexio. Afincados desde entonces no barrio, o seu obxectivo é que as nenas, nenos, mozas e mozos da zona tivesen facilidades para poder practicar Baloncesto e Fútbol Sala nun entorno cercano e familiar.
Actualmente contan con 20 equipos federados, cunha media de 12 xogadores por equipo, sendo o Baloncesto o deporte no que mais equipos teñen (líderes en canto a xogadoras do xénero feminino).
As actividades a desenvolver son: Predeporte, Baloncesto e Fútbol sala coa seguinte distribución:
- Predeporte para a etapa de educación infantil.
- Baloncesto: 3 grupos divididos en iniciación (1º e 2º de primaria), benxamín (3º e 4º de primaria) e alevín (5º e 6º de primaria).
- Fútbol sala: 3 grupos divididos en iniciación (1º e 2º de primaria), benxamín (3º e 4º de primaria) e alevín (5º e 6º de primaria).
Judo e Combate en judo e defensa persoal
Actividade dirixida á aprendizaxe das habilidades técnicas do judo. Destaca polo seu enfoque en valores como o respecto, a disciplina e a superación persoal, ademais de fomentar o compañerismo e o traballo en equipo. Actividades enfocadas a educación infantil (Judo) e educación primaria (2 grupos de judo e 1 grupo de combate en judo e defensa persoal).
Para esta actividade é preciso a utilización de judogi (a Anpa dispón de banco de judogi e de cintos grazas á doazón desinteresada de moitas familias. Polo que antes de mercar un, se queres, podes preguntarnos).
Para participar nesta actividade, o alumnado deberá federarse, aboando o importe da licenza federativa pertinente.
Duatlón e Natación
Creado no ano 2016 a Escola Clube Hércules Termaria, nace para que os mais mozos se desenvolvan na práctica deportiva e na competición dalguna das tres seccións deportivas: Natación, Triatlón e Atletismo.
O deporte, e en concreto a natación, o triatlón e o atletismo, axudan a nenas e nenos a integrarse socialmente e adquirir valores de esforzo e compromiso importantes para as suas vidas.
Neste caso, o Clube Deportivo Hércules Termaria realiza as actividades de Natación e Duatlón nas súas instalacións en Termaria Casa da Auga. A actividade de natación está dirixida a todas as idades (infantil e primaria) sempre e cando os nenos e nenas saibas xa flotar e desprazarse na auga. Respecto á actividade de duatlón, tamén está orientada a todas as idades, onde se levarán a cabo duas modalidades: a carreira a pé e o ciclismo.
Toda a información das actividades na seguinte ligazón:
Esgrima histórica
O Clube Academia da Espada da Coruña de esgrima histórica é unha escola dedicada ao estudo da verdadeira destreza das armas e a súa panoplia. Realiza a actividade de Esgrima Histórica con técnicas da Esgrima Antiga, estudando o seu uso, armas da época e anécdotas da mesma, adaptadas para os mais pequenos, co obxectivo de que aprendan, con xogos relacionados coa esgrima, técnicas e espadas adaptadas para eles.
Actividade para toda a etapa de educación primaria. Para a realización desta actividade é obrigatorio o uso de gafas de seguridade.
Hockey en liña e Patinaxe
A Agrupación Deportiva e Cultural Alquimia Inline, nace en agosto de 2011 co obxectivo de fomentar a práctica do patinaxe na maioría das súas modalidades, tanto na súa versión recreativa como competitiva.
Alquimia Inline ensinache a desenvolverte con solvencia entre os obstáculos urbanísticos que expón calquera cidade, para que poidas desfrutar das contornas dun xeito seguro.
No noso colexio as actividades de Hockey en liña e Patinaxe están dirixidas ao alumnado de educación infantil e educación primaria, en grupos diferenciados.
É unha actividade recreativo-deportiva que axuda a desenvolver o equilibrio e a armonía corporal. Qué precisaredes? Patíns en liña, casco e proteccións.
Parkour
Motion Academy é unha escola de movemento que promove a autonomía persoal e un estilo de vida saudable e consciente.
Combinan deporte, creatividade e guía profesional para que adestres con certeza e progresión real. Neste caso, a actividade de Parkour está orientada a alumnado de educación primaria, de 1º a 6º.
Só se precisa de roupa cómoda e gañas de pasalo ben. A academia Motion Academy propón varios obxectivos fundamentais nesta actividade:
- Desenvolvemento persoal e da autonomía.
- Mellora das capacidades físicas e mentais.
- Mellora da autoestima e do coñecemento propio.
- Traballo en grupo e cooperación.
Robótica
Stemrobots é unha escola que se dedica desde fai 7 anos ás actividades extraescolares baseadas en STEAM, robótica educativa e programación na que os alumnos aprenden a comunicarse, a traballar en equipo e a resolver problemas mentres se divirten como pequenos investigadores.
Traballar as materias STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas) axuda aos máis pequenos a desenvolver habilidades e coñecementos que lles serán imprescindibles no mercado laboral do século XXI.
Imparten proxectos adaptados ao currículo de cada etapa educativa proporcionando todos os materiais necesarios e os facilitadores que levarán a cabo a implementación.
Neste caso, a actividade que se leva a cabo é Robótica para toda a etapa de Educación primaria.
Skate
Escola profesional de skate, dentro da Federación Galega de Patinaxe, para calquera idade e nivel, incluído de alto rendemento olímpico, onde nunca é tarde para aprender bo skateboarding cunha das mellores escolas da Coruña.
Neste caso a actividade de skate está pensada tanto para a etapa de educación infantil como educación primaria, dividida en 2 grupos: Un para infantil, 1º, 2º e 3º de primaria; e outro para 4º, 5º e 6º de primaria.
Xadrez
O Grupo INCUDE (Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias) é unha asociación cultural e deportiva de estudantes da Universidade da Coruña creada no ano 1993. A súa actividade fundaméntase na normativa de asociacións de estudantes da UDC.
A actividade é variada aínda que é coñecida por viaxes culturais e xogos de mesa. Neste caso a actividade que se lava a cabo no centro é xadrez, pensada para toda a etapa de Educación Primaria.
Ximnasia Rítmica
O Club Rítmica Coruña persigue un obxectivo fundamental: que cada unha das crianzas consiga desfrutar todo o posible dun deporte apaixonante como é a ximnasia rítmica. Unha disciplina moi completa e esixente, que pode chegar a ser dura e levar a momentos e estados de impotencia e frustración, pero dun beneficio saudable e educativo incalculable, que devolve multiplicado todo o bo que se lle ofrece. A Rítmica constitúe un espazo de aprendizaxe constante para adestradoras e alumn@s, onde non só adquiren coñecementos sobre o deporte en si, senón que tamén se nutren de aptitudes e valores esenciais para todas as facetas da vida.
Neste caso, a actividade está dividida en dous grupos por idade, onde se realizarán durante dous días á semana: Un para educación infantil e outro para toda a etapa de educación primaria.








































Comentarios
Publicar un comentario