Información sobre os prezos e os pagamentos das actividades


A continuación deixámosvos un recadro sobre os prezos das actividades, así como o alumnado mínimo e máximo para poder levarse a cabo.

Unha das dúbidas máis recorrentes que tedes está relacionada coa actualización do estado dos pagamentos das actividades na aplicación Ábaco.

A ANPA non xestiona nin recibe estes pagamentos. As familias realizades directamente as transferencias aos provedores das actividades e, polo tanto, nós non temos acceso ás súas contas nin podemos comprobar se foron recibidas.

Serán os propios provedores os responsables de actualizar na aplicación Ábaco o estado dos pagamentos recibidos, e polo tanto, deberedes dirixirvos a eles para calquera dúbida sobre isto.

En ocasión pode haber posibles demoras na actualización de pagamentos, a pesar de que deben manter a información ao día. Desde a ANPA facemos o posible para axilizar o proceso, pero serán os provedores quen o xestione.

Tedes a vosa disposición, na descrición de cada actividade, o enderezo de correo electrónico de contacto do provedor correspondente. Así, se tedes algunha dúbida relacionada cos pagamentos, coa súa recepción ou coa actualización na aplicación, podedes poñervos directamente en contacto con eles. 





Comentarios