Material para as actividades extraescolares
Baile galego
- Roupa e calzado cómodo.
Baile moderno
- Roupa e calzado cómodo.
Baloncesto
- Roupa cómoda e calzado apto para o desenvolvemento da actividade.
- Botella de auga.
Combate en judo e defensa persoal
- Judogi e un cinto. Se é a primeira vez que a nena ou neno practica a actividade o cinturón será branco. Se é alumnado que xa continúa na actividade, o que lles corresponda.
A ANPA dispón dun banco de judogis e cintos grazas á colaboración das familias que os donan (se os precisades, poñerse en contacto coa ANPA).
Duatlón
- Bicicleta e casco. Habilitarase un espazo para deixar as bicicletas.
- Roupa deportiva cómoda.
- Bañador, gafas e gorro (se é coa actividade de natación).
- Botella de auga.
Esgrima histórica
- Lentes de protección (estilo bricolaxe) co nome de cada neno e nena, atadas cunha goma elástica, para que teñan protexidos os ollos nos asaltos previstos.
- Roupa cómoda.
Fútbol Sala
- Roupa cómoda e calzado apto para o desenvolvemento da actividade.
- Botella de auga.
Hockey en liña
- Patíns en liña, preferiblemente.
- Casco obrigatorio, pode ser de bici, patinetes, etc.
- Proteccións para xeonllos e cóbados (xeonlleiras e codeiras).
O material quedará gardado no propio colexio, polo cal se precisa dunha mochila ou bolsa grande na que entre todo o material, e que teña o nome da nena ou neno.
Para o desenvolvemento das sesións usaranse outros materiais que poñerá a entidade ao dispor da actividade: un stick para cada participante (que se deixará no colexio), pucks, conos, porterías, etc.
Ioga
- Roupa cómoda. Moi recomendable levar uns calcetíns extra.
- Botella de auga.
Judo
- Judogi e un cinto. Se é a primeira vez que a nena ou neno practica a actividade o cinturón será branco. Se é alumnado que xa continúa na actividade, o que lles corresponda.
A ANPA dispón dun banco de judogis e cintos grazas á colaboración das familias que os donan (se os precisades, poñerse en contacto coa ANPA).
Nota: para participar na actividade será obrigatorio federarse, aboando a licencia federativa pertinente. O personal encargado da actividade informará dos pasos a seguir.
Pandeireta, percusión e canto
- Pandeireta.
Parkour
- Roupa cómoda, que permita liberdade de movemento.
- Recomendable levar botella de auga.
Patinaxe en liña
- Patíns en liña, preferiblemente.
- Casco obrigatorio, pode ser de bici, patinetes, etc.
- Proteccións, para xeonllos e cóbados (xeonlleiras e codeiras)
O material quedará gardado no propio colexio, polo cal se precisa dunha mochila ou bolsa grande na que entre todo o material, e que teña o nome da nena ou neno.
Para o desenvolvemento das sesións usaranse outros materiais que poñerá a entidade ao dispor da actividade: conos, pelotas, etc.
Pequechef
- Un recipiente, tupper mediano, para que o neno ou nena poida levar á casa as súas elaboracións. Algo mais grande que o que adoitan levar os cativos á merenda.
Taller de arte e pintura
- Roupa que poida mancharse ou mandilón.
Predeporte
- Roupa cómoda e calzado axeitado.
- Botella de auga.
Teatro
- Non se precisa. Ao longo do curso pode ser que o profesorado solicite algún material específico.
Ximnasia Rítmica
- Roupa deportiva cómoda, a ser posible axustada, para poder observar a correcta colocación do corpo.
- A clase realízase en calcetíns (non punteiras), polo que se é posible é recomendable que leven uns calcetíns extra.
- Calzado deportivo cómodo e doado de quitar (con velcro, por exemplo).
Comentarios
Publicar un comentario