Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

Convocatoria Bolsa Municipal de Comedor 2026-2027

Imaxe
Publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2026/2027. Prazo de presentación : do 23 de febreiro ao 13 de marzo de 2026, ambos incluídos. Máis información:  - na web municipal de servizos sociais:  Bolsas comedor para o curso escolar 2026/2027 - na sede electrónica municipal:  Bolsas comedor - no teléfono 010 de información cidadán. Requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá, entre outros:  - Dispoñer DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido (NIF) antes da finalización do prazo de  corrección de documentación. - Estar empadroada/o no Concello da Coruña. - Matrícula ou solicitude de matrícula nun centro educativo do termo municipal da Coruña. - Realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade presencial. - Asistencia continuada de luns a venres durante todo o período lectivo, de setembro 2026 a xuño 2027 .

Festa de entroido 2026

Imaxe
Este venres 13 pola tarde de 16:30 a 19:30 horas será a Festa de Entroido no pavillón dos Rosales.  O acceso á festa conleva un donativo de 2 € por peque (para familias socias da ANPA). As persoas acompañantes pertencentes a familias socias da ANPA non pagan entrada.  Para as familias non socias que queiran acudir, o importe será de 5 € por neno/a e 5 € por adulto/a. Os menores de 3 anos entran de balde. É obrigatorio que a cativada estea acompañada dunha persoa adulta dentro do recinto, pero por razóns de aforo, cada neno/a poderá estar acompañado como máximo por dúas persoas adultas (unha mesma persoa pode estar ao cargo de varios nenos e nenas). As inscricións das familias socias faranse a través de Ábaco, no apartado “Eventos” mediante pagamento con tarxeta. Se unha familia ten máis dun neno/a, deberá realizarse unha inscrición por cada menor. Na chegada solicitarase o xustificante da inscrición realizada. Ás familias non socias cobraráselles a entrada o mesmo ...

Programación MUNCYT FEBRERO 2026

Imaxe
Entre outras actividades este mes:  ESPECTÁCULO “ORILO Y ARLEQUINA Y LAS GRANDES CIENTÍFICAS” DE BIGVAN CIENCIA  Sábado 14, a las 11:30 h. (60 min.). Público familiar (a partir de 4 años), reserva previa. Clowntifics, los personajes creados para público infantil por la compañía BigVan Ciencia, desentrañan conceptos como la materia oscura, las energías renovables o el descubrimiento del ADN para dar a conocer a científicas e inventoras. BigVan Ciencia es un grupo de personas dedicadas a la ciencia y la investigación con el objetivo de transformar la comunicación científica en actividades atractivas para todo tipo de públicos. A través de las artes realizan educación, divulgación y comunicación de la ciencia. Tamén como todos os meses haberá yincanas familiares, visitas e talleres infantís.  Toda a información aquí:  agendacor_febrero26.pdf