Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2025

Vales de libros e material

Para aquelas familias que xa teñen concedidos os vales, están a partir de mañán na secretaría do cole, do  1 ata o 18 de xullo, en horario de 10:00 a 13: 00.  ENTREGA DE VALES PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR | CEIP Emilia Pardo Bazán

IMPORTANTE_BECA COMEDOR

Imaxe
  Publicado hoxe no Tablón de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a información da convocatoria para a concesión das axudas de comedor para o curso 2025/2026.  Está publicado o listado coas solicitudes e o listado para o período de subsanación da documentación:  Podedes consultar toda a información nos seguintes enlaces:  Tablón de anuncios e edictos:  coruna.es Web Servicios Sociais:  Servizos Sociais OLLO:   o prazo de presentación de documentación é do   23 de junio ao 7 de xullo , ambos incluidos.

Parabéns a 3ºC e a 6º!

Imaxe
Os peques de 3ºC do Emilia, veñen de ganar un premio, no concurso de "Nos Tamén Creamos".  Aquí tedes o enlace ao vídeo: 1º PREMIO de 8 a 10 anos CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) Tamén merece unha mención o alumnado de 6º de primaria, que presentou "Troco": Nós tamén creamos TROCO (CEIP Emilia Pardo Bazán A Coruña).mp4 - Google Drive Parabéns a tod@s!!!!!

🎗️ Coxíns solidarios, corazóns unidos 💚 🎗️

Imaxe
Dende a ANPA do cole queremos compartir o bonito proxecto que se levou a cabo grazas a un grupo de nais voluntarias, en favor da Asociación Española Contra o Cancro, que traballaron durante todo o ano de maneira totalmente desinteresada.  Foi un traballo cheo de ilusión, esforzo e solidariedade, no que participaron moitas persoas: as que o fixeron posible, as que promoveron a idea, as que doaron o material, as que deron cada puntada con agarimo, a que fixo as etiquetas  e as que transportaron os coxíns ata a Asociación. Sen cada unha destas colaboracións sería imposible lograr un xesto tan fermoso como este.  Grazas a todas e todos polo voso tempo e esforzo.  Grazas tamén á Asociación Española Contra o Cancro por permitirnos participar nun proxecto tan solidario e bonito, e por facer que o que puidemos aportar chegue a alegrar a quen o precisa. @contraelcancer.acoruna Agardamos seguir compartindo máis iniciativas solidarias coma esta. 💪✨       ...

Dia da bicicleta 2025

Imaxe
AGAXORDE  (Asociación Galega de Xornalistas do Deporte) organiza o día da bicicleta, que terá lugar o domingo 22 de xuño ás  10:30h con un recorrido de 12 km polo paseo marítimo que comezará e finalizará no Parrote.  Inscríbete a través deste enlace, utilizando unha conta de correo de Gmail: Formulario de inscripción O período de inscripción  finalizará o venres 20 de xuño ás 14:00 horas.  Será  obligatorio recoller as credenciales , xa que servirán  para participar no evento e  para poder acceder ao  sorteo final de agasallos.  Os turistas e os primeiros 600 inscritos recibirán unha mochila con distintos agasallos do evento.   Para cualquer consulta,  podedes mandar un correo á organización:   diadelabicicleta25@gmail.com Toda a información, premendo aquí:  ¡VUELVE EL DÍA DE LA BICICLETA! 🚲

Concerto do Coro das Emoción do Emilia

Imaxe
Moi boas familias Milnen@s, seguro que case todas as familias xa coñecedes o proxecto do cole, do Coro das Emocións.  Se non é así, tedes unha oportunidade de velo este venres 13 de xuño, ás 19:00 horas no Conservatorio Profesional de Música da Coruña, o CMUS , con entrada libre ata completar aforo.  Dirección do CMUS:   Praza do Conservatorio, s/n – 15011 A Coruña Se queredes escoitar o concerto do ano pasado, aquí tedes o vídeo:  CORO DAS EMOCIÓNS. XUÑO 2024 | CEIP Emilia Pardo Bazán

Campamento de robótica con Árkitas

Imaxe
Presentamos outro campamento! Arkitas que nos están dando a extraescolar de robótica. Ten campamentos desde a primeira semana de vacacións de verán e de maneira ininterrompida ata o 5 de setembro!! Teñen sede na Coruña e en Perillo: Actividades diversas relacionadas coa robótica: lego, Scratch, Minecratf!  Horario de 10 a 14 horas, e desde os 6 aos 14 anos. 

O benxamin A do Emilia, campións de liga no seu grupo

Imaxe
O benxamín A do CD Rosales ven de gañar o primeiro posto do seu grupo na liga.  Tras unha tempada de crecemento deportivo da man dos seus adestradores Pablo e Toño, estes nenos e nenas recollen o seu merecido premio. Hoxe foi o día oficial de copas e medallas, e aquí quedan algunhas das súas fotos para o recordo. Parabéns para o equipo e para os adestradores. 1.....2......3....EMILIA

Campamento de Jumping Kinds

Imaxe
Temos outra proposta de campamentos, esta vez de JumpingKids, que nos dan no noso cole, entre outras actividades:  pequechef, baile moderno, ioga, jumping clay!! Fan unha proposta con un montón de actividades divertidas, desde o 23 de xuño ata o 1 agosto, e despois teñen tamén unha proposta para a primeira semana de setembro.  De 10:00 a 14:00 horas, con opción de entrar ás 09:00.  60€/ semana 

Campamento do clube Hércules Termaria

Imaxe
O clube Hércules (os nosos profes de duatlón), van a levar a cabo un campamento de verán. Hai descontos para os membros das súas actividades e tamén para as nenas e nenos que sexan soci@s da Anpa Milnenos.  Datas: desde o 23 de xuño ao 1 de agosto, dividido en 6 semanas.  *Festivos o 24 de xuño e o 25 de xullo.  HORARIO:  9:00-14:00. COMEDOR:   Opción de comedor de 14:00 a 15:30: precio 45 €/semana LUGAR:  Instalaciones da Casa da Agua e entorno  (paseo marítimo, praia de Riazor, monte de San Pedro, parque de Bens…). DIRIXIDO A:  nenos e nenas de  entre 5 e 15 anos.  PLAZO DE INSCRIPCIÓN:  Desde 21 de Abril ata o 15 de XUÑO para a semana 1, e 15 días antes do inicio de cada semana ou ata esgotar plazas. ACTIVIDADES ·        Actividades acuáticas. ·        Xogos deportivos. ·        Saídas en bicicleta. ·    ...

Campamento de Motion Academy

Imaxe
Motion Academy (os nosos profes de Parkour) fan unha proposta para un verán sen aburrimento! Organizan un campus de verán para nenos e nenas de 6 a 16 anos, con propostas para traballar: p arkour, acrobacia, aéreos e xogos de auga.  Dúas semanas de campamento:  Semana  1 : do 21 ao 25 de xullo Semana 2: do 11 ao 15 de agosto Prezo: 150€ /semana  Toda a información premendo neste enlace:  Escuela de Verano A Coruña | Motion Academy

Indicacións nova Aplicación Ábaco

🔊 As familias na  aplicación vamos crecendo e xa somos 141 familias inscritas, pero ainda faltades 😊 Destas familias, hai algunhas que lles falta un pequeno paso, que é despois de meter os datos, darse de alta como familia socia, e engadir o número de conta bancaria no cal se pasará o cargo da cuota a partir de setembro, así como o cargo das extraescolares, chegado o momento. Sen este paso a aplicación non permite validar de maneira completa. Comprobade por favor que teñades este paso feito para poder validarvos 🤗. Recordade que a actual ampasoft deixará de funcionar, e que os datos non se migran directamente, polo cal se queredes seguir formando parte da Anpa Milnen@s e seguir usando os servizos de mañanceiros, comedor, extraescolares e o novo servizo de garda e custodia (que en breve vos presentaremos), tedes que darvos de alta nesta nova aplicación. Sabemos que incialmente pode parecer un trastorno, pero a aplicación móbil vai a ser moito máis práctica que a que viñamos usand...

Noite no Emilia, para 5º e 6º de primaria

Imaxe
Estimadas familias,  Para celebrar o final deste curso escolar, estamos organizando para as nenas e nenos dos cursos 5º e 6º de primaria unha "Noite no Emilia", que se levará a cabo no cole azul.  Será o vindeiro venres 13 de xuño, o horario de entrada será ás 18:30 e a recollida será sobre as 11:30 do sábado 14.  Temos un número limitado de prazas, polo cal farase a selección por estricta orde de solicitude, a través dun formulario que vos facilitaremos a partir do luns 09 de xuño, e enviaremos pola mañán a todas as familias por esta vía e estará tamén dispoñible no blog.  As nenas e nenos seleccionados terán que levar saco de durmir, esterilla (opcional, pero recomendable se tedes), unha botella de auga para poder rechear, e utensilios de aseo básico (cepillos de dentes).  Pode participar todo o alumnado do cole, independientemente que sexan familias socias ou non, o que sí hai una pequena  distinción de precios, e será de 35€/ nen@ para familias socias, ...

Torneo de xadrez no centro comercial dos Rosales 07/06/2025

Imaxe
O  Centro Comercial Los Rosales  e a  SCD Palaestra  lanzan o Torneo de Primavera Data:  7 de xuño de 2025. Lugar : Centro Comercial Los Rosales. A Coruña. Hora de inicio:  17,00. Hora de entrega de premios aproximada:  19,50. Sistema de xogo:  Suízo a 5 roldas. Desempates:  A sortear tras a derradeira rolda. Categorías:  Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8. Inscricións:  Exclusivamente a través do formulario  2025 TORNEO DE PRIMAVERA Cota:   Gratuito, pero a gradecen a entrega dun kilo de pasta ou arroz para as nosas actividades solidarias. Toda a información aqui:  Palaestra - Xadrez e Xogos

Festival "On d Bass Vol.7" sábado 07/06/2025

Imaxe
Esta fin de semana a  Asociación Cultural Negus organiza no Parque de Santa Margarida, o Festival Inclusivo “On d Bass Vol.7” no que tamén participará o alumnado dos talleres de Dj Inclusivo,   na que participan entidades coruñesas como: Down Coruña, CASCO (Comité Antisida da Coruña), Fundación ADCOR, Centro de Reeducación Concepción Arenal, AFACO e Artefios. No evento irá pasando o alumnado participante nos talleres e farán as súas propias sesións. Entrada gratuíta desde as 17:00 horas.  Máis información no seguinte enlace:  Festival On d Bass Vol.7

Xornada de portas abertas no Oceanográfico da Coruña 07/06/2025

Imaxe
Para conmemorar o día Mundial dos Oceános, este sábado 7 de xuño o  Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) organiza a XV edición da Xornada de Portas Abertas para dar a coñecer os seus traballos de investigación.  Horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00  As científicas, científicos, técnicas e técnicos do IEO explicarán de forma amena algúns dos aspectos da ciencia dos océanos, desenvolvendo, entre outras,  as seguintes actividades: Oceanografía física:   experimentos para descubrir importantes aspectos sobre a física dos océanos. Plancton:  a importancia que ten éste na rede trófica mariña, e o fundamental que é a nivel global.  Espazo infantil "María Hermida" : con xogos relacionados co mar e os seus organismos. Coleccións mariñas:   colección de exemplares mariños recolectados por persoal dos Centros Oceanográficos. Toda a información aquí:  Xornada de Portas Abertas no Oceanográfico

Listas definitivas da adxudicación campamentos do Concello 2025

Imaxe
Boa tarde, publicadas as listas definitivas das nenas e nenos con praza nos campamentos do Concello da Coruña: campamentos nos centros cívicos, campacoles, campamentos de pernocta, deportivos, etc....  Neste enlace podes consultar toda a información: Campamentos de Verano 2025