Como siempre, los 240 alumnos que asisten a actividades extraescolares y los 300 de comedor no parecen importarle a las autoridades dentro de sus competencias.
Agradeceríamos la máxima difusión para defender nuestros derechos y la seguridad de nuestro entorno educativo.
Reclamación a la Consellería de Educación
Descargar el PDF
Contestación de la Consellería de Educación
Descargar el PDF
Reclamación a la Consellería de Sanidad
Unha vez coñecimos a inclusión dos traballadores nos Centros Escolares nos procesos de vacinación, decatámonos con sorpresa, preocupación e tristura que, unha vez máis, enténdese que o persoal que atende aos nosos fillos e fillas no tempo de xantar e de actividades extraescolares non son considerados "persoal esencial" pola Consellería de Educación. Isto significa que, a diferenza dos Centros concertados no que sí están sendo vacinados como persoal non docente, os nosos educadores, porque esa é a denominación correcta, non son considerados persoal dos Centros malia estar de forma presencial co alumnado durante catro horas (só unha menos que o profesorado) desenvolvendo un traballo de servizos esenciais como é a atención no comedor, lembremos que con rapaces sen máscara, e nas actividades de tarde que forman parte do seu desenvolvemento motriz, intelectual, de socialización, sen deixar de mencionar a importancia que teñen de cara á facilitación da conciliación laboral das familias.
Se falamos de espazos seguros, non se pode entender que esa seguridade se plantexe exclusivamente no horario de mañá, pois entón non teremos acadado nada.
É por iso que solicitamos da súa Consellería a inclusión no proceso de vacinación dos educadores de extraescolares e monitores de comedor contratados polas anpas ou as súas federacións, dando así uniformidade á vacinación de persoal non docente, sexa de colexios públicos ou de concertados, e garantindo en todo caso a seguridade das nosas fillas e fillos e a tranquilidade das súas familias.
Comentarios
Publicar un comentario