Publicacións

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Imaxe
Hoxe 3 de decembro,  é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.  Este día foi declarado no ano 1992, pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, para promover os dereitos e o benestar das persoas en todos os ámbitos da sociedade. Ás 11:30 no Parrote un ano máis haberá unha xuntanza "Baixo o mesmo Paraugas":  E se vos animades, pola tarde,  a  Federación Galega de Montañismo (FGM) , a  Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) , a  Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI)  e o  Concello da Coruña , organizan unha mesa redonda,  d e 18:00 a 19:30, no Salón de Actos do Centro de San Diego Participarán diferentes deportistas con discapacidade de varias modalidades da FGM, así como familiares e responsables de centros de referencia que acoden regularmente a actividades de montaña.  Os ponentes son: Bea Gandara , escaladora e embaixadora FEDME Pablo Pindo ,    corredor con xordeira Patricia Gómez ,...

Alumnado do Emilia entre os finalistas da postal de Nadal

Imaxe
Varios alumnos do noso cole quedaron finalistas no concurso deste ano de postais de nadal, destinado a alumnado de 5º e 6º de primaria.  A pasada semana tiveron a entrega de premios coa Alcaldesa e co C oncelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.  Parabéns aos finalistas!  O Concello entrega os premios ao alumnado gañador do Concurso de Postais de Nadal 2025

Campamentos de Nadal do Fórum e Ágora

Imaxe
O vindeiro 1 de decembro abre o prazo de solicitude dos campamentos para as vacacións de Nadal do Fórum Metropolitano e do Centro Ágora.  Dirixido a nenas e nenos nad@s entre 2014 e 2022, e teñen que ter cumpridos os 3 anos de idade no momento do inicio do campamento.  Hai unha porcentaxe de reserva para nenas e nenos con diversidade funcional, que ten que ser "en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo".     O campamento será os días  22, 23, 26, 29, 30 de decembro do 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro do 2026 con horario ordinario de 10.00 a 14.00 h., coa posibilidade das seguintes opcións de ampliación horaria: Opción A: de 10.00 a 14.30 h. Opción B: de 9.00 a 14.00 h. Opción C: de 9.00 a 14.30 h. Opción D: de 8.30 a 14.00 h. Opción E: de 8.30 a 14.30 h. O custo do ampamento con horario ordinario: 35€ (+ a ampliación de horario escollida).  Aquí o enlace para o formulario de inscripción:  Inscrición n...

A Casa dos Xoguetes

Imaxe
Un ano máis a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello da Coruña, pon en marcha a Casa dos Xoguetes,  proxecto que ten como obxectivo fomentar o consumo responsable a través desta proposta de economía circular.  Esta iniciativa está destinada ás familias, que durante todo o mes de decembro , poden deixar os seus xoguetes na sede da  OMIC, nos seguintes horarios:  - De luns a venres de 11.00 a 18.00 H.  (agás 24 e 31 de decembro: de 11.00 a 14.00 h.) - Sábados de 11.00 a 14.00 H.  O persoal da tenda revisará cada xoguete que se entregue e decidirán se está en boas condicións para intercambialo por cupóns e tamén valorarán o tipo de xoguete para asignarlle o número de cupóns correspondente. Toda a información aquí:  Copia de DÍPTICO CASA XOGUETES A Casa dos Xoguetes 2025 da OMIC s

Campamentos de Nadal do Concello da Coruña

Imaxe
O Concello da Coruña organiza estes campamentos deportivos para nenos e nenas  entre os 6 e os 12 anos (nados/as entre o 01/01/2013 e o 31/12/2019).  Horario xeral das actividades:  09:00-14:00 h. Horario ampliado de conciliación :  Desde as 08:30 ata 09:00 h e saída a  elixir entre  14:00 h. e  14:30 h. A opción de horario ampliado non supón un custo engadido. Establécense 2 quendas: Quenda 1 : 22, 23, 24 e 26 de decembro de 2025 Quenda 2 : 29, 30, 31 de decembro de 2025 e 2 de xaneiro de 2026 O Concello oferta un total de 144  prazas , organizadas en 72  prazas por quenda . Aplicaranse as tarifas segundo a ordenanza fiscal en vigor (OF 15 art.6), sendo o prezo  35,04 € por persoa e quenda . As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse  do 14 ao 18 de novembro de 2025 , a través do seguinte formulario: Solicitude de preinscrición nos campamentos de Nadal Toda a información aquí:  Campamentos Deportivos de Nadal ...

Obradoiro "Preguntas incómodas, como acompañar a sexualidades das crianzas?"

Imaxe
A Asociación de Veciñ@s de Labañou, San Roque, Escolar e Rosales, organiza un obradoiro formativo sobre sexualidade. Será a vindeira semana, o xoves 20 ás 18:00 horas. Para participar fai falla inscrición previa, cubrindo o seguinte formulario:  Preguntas incómodas? Como acompañar a sexualidade das crianzas

Taller de Origami no MUNCYT

Imaxe
O MUNCYT trae unha actividade para familias, os sábados 8 de novembro e 6 de decembro.  A actividade ten unha duración dunha hora e require de reserva previa: reservascor@muncyt.es  Para nenas e nenos a partir de 8 anos.  Toda a información aquí:  Talleres de origami en familia “Aeronautas de papel” | MUNCYT