Publicacións

29 de maio , festival de música e poesía no Ágora

Imaxe
Mañán venres 29 de maio, celébrase no Centro Ágora ás 20:00 un festival de música e poesía.  Entrada libre ata completar aforo. 

23 de Maio, día dos Museos

Imaxe
O 23 MAIO é o DÍA DOS MUSEOS, e os Museos Científicos Coruñeses terán xornadas de portas abertas. 🎟 Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá realizarse cun máximo de 3 días de antelación. 🎟A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a unha sesión de Planetario haberá que reservar entradas, cun día de antelación. 🎟 Na Domus a entrada nesta xornada será libre, pero para acceder ao espazo MiniDomus hai que reservar entradas, cun máximo de 3 días de antelación Toda a info e os enlaces para solicitar as entradas premendo AQUÍ  

Axudas para libros e material curso 2026-2027

Imaxe
Nova convocatoria para o vindeiro curso escolar:  📚 Do 19 de maio ao 19 de xuño estará aberto o prazo para solicitar as axudas de libros e material escolar. ♻️ Préstamo de libros do fondo  📘 Axudas á compra de libros ✏️ Vales para adquisición de material ℹ️ https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Día das Letras Galegas na Praza Torrente Ballester

Imaxe
A Asociación Somos Nos, organiza o vindeiro domingo, día das Letras Galegas, unha xornada con música e baile coa Asociación Donaire, na Plaza Torrente Ballester.

Becas MEC para alumnado con NEAE

Imaxe
Hoxe publicáronse as becas MEC, para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o vindeiro curso escolar 2026/2027. A solicitude estará aberta desde o 19 de maio ata o 10 de setembro. Pode solicitala alumnado con NEAE vinculadas a discapacidade, trastornos graves de conduta ou da comunicación e a linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades. A beca poderá solicitala alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelatoe FP ( agás para as altas capacidades, que non está contemplada a etapa de Educación Infantil)  Toda a información premendo aquí . 

Día da Ciencia na Rúa 2026

Imaxe
📆 Este sábado, 9 de maio, de 11 a 19 horas 📍 Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña   Día da Ciencia na Rúa 2026, un día cheo de ciencia e diversión,  con experiencias e actividades de física, bioloxía, matemáticas, tecnoloxía...  Tamén haberá actividades na Casa das Ciencias, e xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, Acuario e Domus. Organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra Emalcsa-UDC. Toda a información e enlace para solicitar as entradas para os museos, premendo aquí .