Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

Xornada Gratuíta "Saúde mental, redes sociais e adolescencia"

Imaxe
O vindeiro 8 de abril hai unha xornada gratuíta sobre saúde mental e redes sociais na adolescencia.  Será no salón de actos da Facultade de Saúde da UDC (Campus de Oza).  A xornada é de 13:00 a 14:30 e require de inscripción previa, que poderá facerse ata o mesmo día ás 12:00.  Haberá unha presentación dun libro sobre o tema, e posteriormente a conferencia:    "Viviendo en el feed. Salud mental y redes sociales en la adolescencia"  ( Mónika Jiménez , profesora da Universidade Pompeu Fabra) Aquí o enlace da inscripción:  inscrición E aquí máis información:  Información

Axenda MUNCYT abril 2026

Imaxe
Xa está aquí a axenda deste mes de abril de 2026 no Muncyt.  Coma sempre haberá moitas actividades e todas de balde.  Este mes hai unha chea de actividades moi interesantes:  - P resentación do xogo do Go, a súa historia e curiosidades, e o  primeiro torneo oficial de Go de Galicia , un xogo de taboleiro con 4.000 anos de historia.  - Xornada sobre as Violencias Machistas Dixitais.  - E como sempre, gincanas familiares, xogos de pistas e moito máis.  Toda a información premendo aquí:  Axenda abril

Primeira etapa da carreira ciclista profesional "O gran camiño 2026"

Imaxe
Desde o servizo de deportes do Concello avísannos de que o  vindeiro  MARTES 14 DE ABRIL  terá lugar na cidade a primeira etapa da carreira ciclista profesional   O GRAN CAMIÑO 2026 , unha contra-reloxo individual de 15 quilómetros, con saída e chegada na Torre de Hércules. Esta proba é unha oportunidade para que @s nen@s poidan ver de primeira man unha proba ciclista internacional de alto nivel, pois xa está confirmada a participación  dalgúns dos mellores equipos do mundo, como o UAE Team Emirates e o Visma | Lease a Bike, primeiro e segundo clasificados no ránking internacional na pasada tempada.  Tamén estará o Movistar Team e  o equipo Q36.5 Pro Cycling Team.   E o mellor, que e ntre outras zonas da cidade, pasarán polo barrio dos Rosais :)  Toda a información está dispoñible na páxina web municipal de Deportes ( www.coruna.gal/deportes ) así como no teléfono de información gratuíto 010. Importante ter en conta que a  haberá af...

Menú Jardanay 3º trimestre

Imaxe
Moi boas, xa está publicado o menú de Jardanay para este terceito trimestre. Podes descargalo premendo  aquí