Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026

Festival "Pola Paz e Contra as Guerras"

Imaxe
Este sábado 31 de xaneiro, a   Asociación Agra de Orzán xunto coa Asociación Cultural e de Cooperación Internacional  Pallasos en Rebeldía  organizan este festival no Centro Ágora.  "E ste Festival pola Paz e contra as guerras é un encontro único en que o humor, a música e a palabra se xuntan para defender a dignidade, a xustiza e os dereitos humanos. Falamos da risa como acto de resistencia, da cultura como linguaxe universal e da paz como necesidade urxente".  A entrada é de balde, por orde de chegada e ata completar aforo. 

Colaboracion do Emilia co Banco de Alimentos

Imaxe
Facemos difusión da iniciativa solidaria que está levando a cabo o noso cole, para o Banco de Alimentos Rías Altas  para unha recollida de alimentos non perecedeiros.  O centro enviou un Abalar a todas as familias con esta iniciativa.  Se queredes colaborar podedes facelo desde hoxe 26 de xaneiro e ata este venres 30.  Solicitan na medida do posible, alimentos como arroz, pasta, legumes, conservas, aceite, leite ou outros alimentos que sexan de ampla caducidade. 

Concerto Didáctico Xiradela

Imaxe
A Asociación Xuvenil Xiradela organiza esta fin de semana un concerto didáctico para público infantil, con Pablo Díaz .  Haberá  música, xogos e sobre todo moita diversión!  Será o sábado 24 pola tarde, en Arteixo e está aberto o prazo de inscripción ata o 20.  A actividade ten un custo de 8€ para non soci@s e 3€ para soci@s da propia asociación Xiradela.