Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

Aberto o prazo do Plan Veo

Imaxe
Xa está aberto o prazo para a solicitude de axudas para a compra de lentes e lentillas. Axudas de ata 100€ por persoa. Prazo ata decembro de 2026. Para nenas, nenos e adolescentes ata os 16 anos. Toda a información premendo aquí  

Chocolatada no Emilia!

Imaxe
Moi boa tarde a todas as familias,  Como seguro sabedes, mañán a Anpa Milnen@s combida a todas as nenas e nenos do cole a chocolate e biscoito.  Por iso mandamos información sobre os alérxenos, que podedes consultar aquí:    Alérxenos chocolate Alérxenos biscoito Haberá opción sen gluten e sen lactosa.  Ademáis de mandalo pola aplicación, como moitas familias non son socias, non lles vai a chegar a información, por iso, podedes compartir esta información con outras familias. Aquelas familias socias, xa podedes escribirnos pola aplicación para indicarnos se as vosas nenas ou nenos teñen algunha alerxia.  As familias non socias, podedes enviar un correo a : milnenos@gmail.com  Saúdos! 

Actividade de Nadal na Biblioteca González Garcés.

Imaxe
A Biblioteca Pública Miguel González Garcés organiza un obradoiro para que descubras o sentido do Nadal. Se tes entre 7 a 14 anos goza coñecendo as súas personaxe a través das obras de arte: " A viaxe dos Reis Magos".  Actividade gratuita, con inscripción previa.  Dirixida a nenas e nenos de entre 7 e 14 anos.  O prazo  para a solicitude abre o 11 de decembro e a solicitude farase a través do seguinte formulario:  Formulario de inscrición: "Nadal creativo : a viaxe dos Reis Magos" | Biblioteca Pública Toda a información aquí:  Nadal creativo: A viaxe dos Reis Magos | Biblioteca Pública

Actividades de nadal no Castelo de San Antón e no Castro de Elviña

Imaxe
Hoxe día 10 de decembro, abriu o prazo para a solicitude das actividades de Nadal no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e o Castro de Elviña.  Todas as actividades son gratuítas , pero requiren de inscripción previa.  Hai visitas guiadas ao castelo de San Antón, ao Castro de Elviña e o 20 de decembro un taller infantil.  Toda a información no seguinte enlace:  Actividades de Nadal 2025. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e Castro de Elviña

Actividades nos centros cívicos xaneiro-maio 2026

Imaxe
O vindeiro 15/12/2025 e ata o 17/12/2025 abre o prazo para a solicitude das actividades nos centros cívicos da cidade.  As actividades teñen un custo de 11€, agás apoo educativo, cultura xeral e alfabetización, que teñen caráceter gratuíto, ao igual que os clubes, que o imparten persoas voluntarias.  As actividades están organizadas por rangos de idade:  - Infancia: de 4 a 12 anos - Mocidade: de 13 a 17 anos - Interxeracional: a partir de 18 anos - Maiores: a partir de 65 anos.  Poden solicitarse un máximo de 3 actividades por centro cívico e por orde de preferencia. Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña. A inscripción farase preferentemente en liña   no formulario de preinscrición dispoñible en  www.coruna.gal/servizossociais . Só as persoas que non teñan acceso a Internet poderán realizar a preinscrición por teléfono no 857 890 628 (en horario de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h.) A inscripción para os clubs :...

Actividades de decembro no MUNCYT

Imaxe
Xa está dispoñible na web do Muncyt toda a información coas actividades para este mes de decembro!  Talleres infantís, xogos de pistas, visitas familiares...  Todas as actividades son gratuítas, con inscripción previa. https://muncyt.es/agenda-de-actividades-muncyt-coruna

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Imaxe
Hoxe 3 de decembro,  é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.  Este día foi declarado no ano 1992, pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, para promover os dereitos e o benestar das persoas en todos os ámbitos da sociedade. Ás 11:30 no Parrote un ano máis haberá unha xuntanza "Baixo o mesmo Paraugas":  E se vos animades, pola tarde,  a  Federación Galega de Montañismo (FGM) , a  Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) , a  Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI)  e o  Concello da Coruña , organizan unha mesa redonda,  d e 18:00 a 19:30, no Salón de Actos do Centro de San Diego Participarán diferentes deportistas con discapacidade de varias modalidades da FGM, así como familiares e responsables de centros de referencia que acoden regularmente a actividades de montaña.  Os ponentes son: Bea Gandara , escaladora e embaixadora FEDME Pablo Pindo ,    corredor con xordeira Patricia Gómez ,...

Alumnado do Emilia entre os finalistas da postal de Nadal

Imaxe
Varios alumnos do noso cole quedaron finalistas no concurso deste ano de postais de nadal, destinado a alumnado de 5º e 6º de primaria.  A pasada semana tiveron a entrega de premios coa Alcaldesa e co C oncelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.  Parabéns aos finalistas!  O Concello entrega os premios ao alumnado gañador do Concurso de Postais de Nadal 2025