Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

Convocada a #becacomedor de Jardanay e a ANPA

Imaxe
                                                     Desde a ANPA Milnenos informámosvos de que se abre o prazo para solicitar as axudas de comedor ANPA Milnenos-Jardanay correspondentes ao curso escolar 2025/2026. O obxectivo desta convocatoria é financiar os gastos de comedor durante todo o curso de 6 menores pertencentes a familias socias da ANPA, tendo en conta as súas circunstancias familiares e socioeconómicas. Xunto con esta comunicación, achegamos as Bases da convocatoria, onde se detallan os requisitos de participación, a documentación necesaria e o procedemento de presentación das solicitudes. As solicitudes deberán enviarse por correo electrónico a  milnenos@gmail.com ,  indicando no asunto o nome do neno ou nena solicitante da axuda e achegando toda a documentación indicada no apartado correspondente das bases. Recomendamos revisar ...

Plan VEO para a subvención de gafas ou lentes de contacto en menores de 16 anos

Imaxe
O plan VEO é unha prestación do Ministerio de Sanidade destinada a menores de ata 16 anos (inlcuídos) e que teñan dereito á sanidade pública.  Cubrirá ata un máximo de 100€, se o custo das lentes é inferior a esa cifra, a familia non pagará nada. Se o custo é superior, terá que abonar a diferenza.  No caso das lentes de contacto, contémplase tamén o líquido das mesmas.  Actualmente e ata o día 20 deste mes, a orde que regula estas axudas está en proceso de  alegacións da cidadanía, asociacións e profesionais, polo que antes de rematar o ano, sairá a Orde ministerial definitiva. Así que tedeo en conta, por se precisades este servizo. O trámite será sinxelo para as familias, xa que se realizará directamente nas ópticas adheridas ao programa. En principio, as familias non precisarán facer ningunha xestión administrativa pola súa conta. Só no caso de que a nena ou o neno vaia a usar lentes por primeira vez, será necesario presentar unha receita emitida por un oftalmól...

#VueltaAlColeCibersegura

Imaxe
O Instituto Nacional de Ciberseguridade ( adscrito á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestructuras Dixitais)  ofrece ás familias e ao profesorado material para unha volta ao cole "cibersegura".  Neste enlace tedes información concreta sobre esta iniciativa:  Vuelta al cole cibersegura | Menores | INCIBE Tamén na súa web ofrecen outros recursos e información para familias, sobre control parental, pactos familiares, vales de tempo....  Podedes consultar máis información na súa web:   Familias | Menores | INCIBE

Semana da Prevención

Imaxe
Estes días estase celebrando a semana da Prevención, e levan xa con esta 20 edicións.  Será ata o día 13 de outubro, con actividades diversas, formación e simulacros.  Polas tardes,  na Praza de María Pita,  hai actividades para as nenas e os nenos.  Máis información aquí:  Semana de la Prevención 2025

Carreira no Barrio do Ventorillo

Imaxe
Continúa o circuito de carreiras populares nos barrios da cidade. Desta volta no Ventorillo, o vindeiro 25 de outubro.  10:00  ABSOLUTA (2007 e anteriores) 11:15  SUB18 (2008-2009) 11:30  SUB16 (2010-2011) 11:45  SUB14 (2012-2013) 12:00  SUB12 (2014-2015) 12:15  SUB10 (2016-2017) 12:30  PEQUES (2018 e posteriores) Podedes inscribirvos ata o 19/10/2025.  Toda a información aquí:  Detalle del Evento | Circuito Coruña Corre

Festival de Danza Na Rúa "Quince Gotas"

Imaxe
Esta fin de semana volve á cidade o festival de danza na rúa, desde hoxe ata o domingo haberá diferentes obras pola cidade, todas de balde. Tedes toda a información coas obras e cos horarios na web oficial:  Festival de danza na rúa