Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2025

MENÚ DE COMEDOR DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Imaxe
MENÚ DE COMEDOR DO PRIMEIRO TRIMESTRE  Aquí tedes o menú deste primeiro trimestre. Podedes tamén descargalo en PDF no apartado de  Comedor e mañanceir@s

Programa de Natación Escolar

Imaxe
O concello acaba de remitirnos a información para o programa de natación escolar deste curso 2025/2026.  Este programa  vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º de primaria dos centros educativos de titularidade pública de educación primaria da cidade da Coruña.  O noso cole ten dispoñibles 25 prazas, e as clases serán os luns na piscina municipal de Riazor:  A hora de recollida na porta principal do noso cole sería ás 16:35, e a hora de regreso ás 18:10.  O prazo para as solicitudes abre hoxe e finaliza o 14 de setembro  a través deste enlace:   Deportes Coruña As taxas están reguladas na Ordenanza fiscal núm. 15 do Concello da Coruña en vigor no ano 2025:  - Natación escolar (1 sesión/semana. Curso de outubro a maio): 55,07 euros  O pago poderase efectuar en efectivo ou con tarxeta nas caixas de cada piscina municipal (Riazor, San Diego ou Santo Amaro) de forma presencial e por orde de chegada, entregando a folla de inscrición debidame...

BONO CONCILIA 2025

Imaxe
Hoxe ás 09:00 abriu o prazo para a petición do Bono Concilia, trámite: BS412A Para nenas e nenos nacidos entre o 01/01/2012 e o 31/12/2021. Publicada a orde completa o  4 de setembro. Poden solicitarse desde a sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/ detalle-procedemento?codtram= BS412A&ano=2025&numpub=1&lang= es