Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2025

Luns 4 abre o prazo para solicitar os servizos de Jardanay

Imaxe
Moi boas familias,  O luns día 4 de agosto, ás 10:00 ábrese o prazo para solicitar os servizos de mañanceiros, comedor, garda e custodia e cambiadores.  Estará aberto ata o 31 de agosto.  Aquí tedes os enlaces directos a cada servizo para que poidades ler a información sobre cada un deles.  Mañanceiros e comedor:  Comedor e mañanceir@s Garda e Custodia:   Servizo de Garda e Custodia Cambiadores:  Servizo de cambiadores Trámites:   Trámites

Novo apartado no blog sobre as actividades extraescolares

Moi boas familias Milnen@s,  Co obxectivo de ter a información máis accesible, na parte dereita tedes unha nova páxina con información completa sobre as actividades extraescolares: cómo facer a inscrición, cómo facer os pagos, ubicacións, qué materiais se precisan e tamén unha descrición máis técnica de cada actividade:  Información extra das actividades extraescolares:

Novo servizo de Garda e Custodia para o curso escolar 2025/2026

Moi bos días, este ano ponse en marcha este novo servicio, para as familias que non poden chegar á recollida do cole, pero sí poderían chegar a recoller ás nenas e nenos ás 14:30. Servizo de Garda e Custodia

IMPORTANTE_BECA COMEDOR

Imaxe
Acaba de publicarse no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña a resolución provisional das becas, e o plazo de reclamacións. O prazo de reclamación remata o 01 de agosto de 2025.  Toda a información aquí:  coruna.es

Revisar táboas de prezos

Moi bos días, revisade no apartado das actividades extraescolares, que hai algunha modificación de prezos e tamén a actividade de robótica, este ano poderán ser 1 día ou 2 días.  A actividade de "Teoría e práctica da defensa persoal" este ano é "Combate en judo e defensa personal", con unha duración de 2 horas os venres pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, dirixido a alumnado de 3º a 6º de primaria.  Non obstante, desde a aplicación tedes dispoñible a información sobre as actividades que volcou cada empresa, con toda a información de prezos e horarios.  Saúdos!  PREZOS CURSO ESCOLAR 2025_2026.docx.pdf - Google Drive Cadro blog_Actividades_Extraescolares_2025_2026 (1) (3).docx (1).pdf - Google Drive

Festival Manicómicos 2025

Imaxe
Desde o xoves 17 de xullo ata o domingo 20,  celebráse unha nova edición do Festival Manicómicos.  Durante eses días e en diferentes puntos da cidade ofrécense diferentes obras ao aire libre e con entrada gratuita.  Toda a información premendo aquí:  Festival | manicomicos

Último correo AMPASOFT

Estimadas familias,  Acabamos de enviar o último correo que recibiredes desde a aplicación Ampasoft.  Como xa vos comentamos anteriormente a aplicación AMPASOFT deixa de funcionar definitivamente e NON HAI VOLCADO DE DATOS á nova aplicación.  Ás familias que continuedes no cole e que queirades seguir sendo familias socias, tedes que rexistrarvos na nova aplicación, sen esto non podedes darvos de alta nas actividades extraescolares, das que esta fin de semana colgaremos os cadros e os prezos para este vindeiro curso escolar.  Recordarvos que para que se asigne un número de familia socia, tense que completar enteiro o rexistro, co  número de conta bancaria das familias, para poder proceder unha vez iniciado o curso, da cuota de familias para o curso escolar 2025/2026.  Comentarvos tamén que no mes de agosto, non daremos novas altas na aplicación.  Aproveitamos esta publicación para desexar moita sorte na nova andadura a todo o alumnado que este ano xa no...