Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

Casting de Vaca Films para nenas

Imaxe
Estimadas familias,  Desde  Vaca Films , produtora coruñesa de cine e TV  (  https://www.vacafilms.com/ )  infórmannos dun casting para nenas de 3 anos (ou 4 se aparentan menos).  Trátase dun pequeno papel nunha serie de televisión, que se rodará este verán en Galicia.  Buscan "unha nena moi extrovertida, de tez branca e cabelo oscuro".  Presentarse ao casting non compromete a nada, no caso de querer participar na preselección tedes que escribir á produtora ao seguinte correo electrónico:  jpcastings.gal@ gmail.com Nese correo debedes aportar:  FOTOS moi recentes, deste mesmo mes TELÉFONO DE CONTACTO NOME E APELIDOS DATA DE NACEMENTO CONCELLO DE RESIDENCIA ALTURA *Toda a información recibida será tratada en base á lexislación vixente. Podes consultar a política de privacidade aquí: www.bit.ly/ProteccionDatosVaca Net * Para máis información ou para calquer dúbida que poidades ter , podedes contactarlles en calquera mome...

Nova convocatoria das becas comedor

Imaxe
Publicada a nova convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2025/2026.  Prazo de presentación : do 18 de marzo ao 4 de abril de 2025, ambos incluídos. Entre os requisitos :  Dispoñer DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido (NIF) antes da finalización do prazo de corrección. Estar empadroado/a en o Concello da Coruña.  Matricula ou solicitude de matrícula nun centro educativo do termo municipal da Coruña. Realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade presencial.  Asistencia continuada de luns a venres durante todo o período lectivo, de setembro de 2025 a xuño 2026. Tedes toda a información na web do Concello da Coruña , no apartado de servizos sociais, premendo  aquí   Tamén podes consultar a sede electrónica do Concello , premendo aquí , ou podes chamar ao 010, o teléfono de información cidadán.  Saúdos!  -

Información sobre casting para nenas

Imaxe
Moi boas familias!  Chéganos unha información sobre un cásting para nenas, da man de A licia Úbeda  e a  productora de cinema  galega  Brava ,  para a curtametraxe de ficción  Garabato,   a segunda das historias do universo:  Sobre Ratiña   No casting buscan  nenas  de apariencia de   7 e 15 anos . Este casting é  online  e está aberto ata o día  25 de marzo .   Adxuntamos a  cartaz do casting , onde se atopa toda a información dos requisitos e o xeito de achegar a audición telemáticamente.   Preme aquí!  aquí

Recordatorio menú

Imaxe
Queridas familias, Este ano a empresa Jardanay remite por correo electrónico os menús ás familias, no correo rexistrado na inscripción no servizo.  Recordamos nesta entrada o menú do comedor que nos ofrece Jardanay para este trimestre.  Se queredes botarlle unha ollada e planificar mellor as comidas na casa, podedes consultalo premendo nesta ligazón: 2T_Menú_24-25_genérico.pdf - Google Drive Sabemos o importante que é para vós coñecer a alimentación dos vosos pequenos e pequenas, así que esperamos que esta información vos sexa útil. Como sempre, se tedes algunha dúbida, non dubidedes en poñervos en contacto connosco.