Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

Programa de actividades Coruña No Mar 2026

Imaxe
Nova edición do programa de actividades do Concello, Coruña no Mar.  Inscricións : Dende o 27/05/2026 ata o 31/05/2026 Prezo : a) Cursos semanais (de luns a venres): menores de 18 anos: 8,74 € b) Actividades dun día (venres, sábado ou domingo): 8,73 € TODA A INFORMACIÓN AQUÍ

29 de maio , festival de música e poesía no Ágora

Imaxe
Mañán venres 29 de maio, celébrase no Centro Ágora ás 20:00 un festival de música e poesía.  Entrada libre ata completar aforo. 

23 de Maio, día dos Museos

Imaxe
O 23 MAIO é o DÍA DOS MUSEOS, e os Museos Científicos Coruñeses terán xornadas de portas abertas. 🎟 Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá realizarse cun máximo de 3 días de antelación. 🎟A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a unha sesión de Planetario haberá que reservar entradas, cun día de antelación. 🎟 Na Domus a entrada nesta xornada será libre, pero para acceder ao espazo MiniDomus hai que reservar entradas, cun máximo de 3 días de antelación Toda a info e os enlaces para solicitar as entradas premendo AQUÍ  

Axudas para libros e material curso 2026-2027

Imaxe
Nova convocatoria para o vindeiro curso escolar:  📚 Do 19 de maio ao 19 de xuño estará aberto o prazo para solicitar as axudas de libros e material escolar. ♻️ Préstamo de libros do fondo  📘 Axudas á compra de libros ✏️ Vales para adquisición de material ℹ️ https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Día das Letras Galegas na Praza Torrente Ballester

Imaxe
A Asociación Somos Nos, organiza o vindeiro domingo, día das Letras Galegas, unha xornada con música e baile coa Asociación Donaire, na Plaza Torrente Ballester.

Becas MEC para alumnado con NEAE

Imaxe
Hoxe publicáronse as becas MEC, para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o vindeiro curso escolar 2026/2027. A solicitude estará aberta desde o 19 de maio ata o 10 de setembro. Pode solicitala alumnado con NEAE vinculadas a discapacidade, trastornos graves de conduta ou da comunicación e a linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades. A beca poderá solicitala alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelatoe FP ( agás para as altas capacidades, que non está contemplada a etapa de Educación Infantil)  Toda a información premendo aquí . 

Día da Ciencia na Rúa 2026

Imaxe
📆 Este sábado, 9 de maio, de 11 a 19 horas 📍 Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña   Día da Ciencia na Rúa 2026, un día cheo de ciencia e diversión,  con experiencias e actividades de física, bioloxía, matemáticas, tecnoloxía...  Tamén haberá actividades na Casa das Ciencias, e xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, Acuario e Domus. Organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra Emalcsa-UDC. Toda a información e enlace para solicitar as entradas para os museos, premendo aquí . 

Festa das Letras Galegas 2026 na Coruña

Imaxe
Este ano 2026 o Día das Letras Galegas adícase a Begoña Caamaño  . Para conmemorar este día, o Concello ten organizada unha axenda de actividades que empezan xa mañán, e que terán o seu punto forte do 14 ao 17. Este ano levan a cabo un programa de actividades gratuítas que inclúe concertos, espectáculos familiares, música tradicional, encontros e artes escénicas. O programa completo premendo  aquí  

Axenda no MUNCYT maio 2026

Imaxe
Xa está publicada a axenda deste mes de maio no MUNCYT. Talleres, gincanas, un scape sobre Albert Einstein, información sobre eclipses e moito máis!  Toda a información aquí  

Convocatoria de eleccións Anpa

Imaxe
Familias, tedes un comunicado importante na aplicación Ábaco. O 12 de maio é a data límite para presentar a candidatura á directiva da Anpa Milnen@s. 

Campamento de verán no Emilia

Imaxe
Tras a asamblea xeral coas familias asistentes, este ano o campamento de verán no Emilia levarano a cabo 2 empresas das que xa nos prestan servizos de actividades extraescolares, o Clube Deportivo Rosales (predeporte, baloncesto e fútbol sala) e Daigoro (judo e defensa persoal).  O campamento está destinado a alumnado de 3 a 15 anos, e abrangue desde o 22 de xuño ata o 31 de xullo, ambos incluídos.  O campamento contempla horario ampliado con mañanceiros e comedor desde as 07:45 ás 16:00 horas.  Neste dossier tedes toda a información sobre as actividades a desenvolver, quendas, prezos e demáis:  Campamento urbano 25-26.pdf - Google Drive As inscripcións poden facerse desde xa, no seguinte formulario:  I Campamento Urbano Los Rosales Con calquera dúbida podedes escribirlles directamente: info@clubdeportivolosrosales.com